miércoles, 21 de noviembre de 2007

URXENTE!!!!

Necesitamos sen demora:
- que lle expliquen a Ana as ecuacións de segundo grao, perdón, "as que se
cruzan"
- alguén,(a poder ser de bo corazón e inmellorable presenza) que lle faga
unha redacción a Susana sobre "La lluvia en la tierra gallega",
- un bo elemento para que me leve a min de bares.

URXENTE!!!

ARRÍMASE SUSANA

Non pensen mal, o único que ocorre é que a nosa amiga Susana está agora de palique xunto nosa porque se aburre inmenso. Así que agora xa somos tres, tres as que queremos volver, xa!

lunes, 5 de noviembre de 2007

QUERO VOLVER

Quero volver á miña casiña xa!
Conste que non queremos insultar a este home que nos está a ensinar a facer un blog, mais tedes que saber que levamos desde as 8:30 h fóra das nosas casas e familias... a verdade é que non vemos o momento de chegar ao fogar querido.

OUTROS PEQUES

ESTE É O QUE TIRABA POLA ESCALEIRA

MAÑÁ É DÍA DE PEIXE

Ana di: Que toca mañá pa comer?
E contéstase a si mesma: E logo uns xureliños, que disque están moi baratos? Un día á semana, peixe azul.E como queda un pouco curto podémoslle engadir algo de verdura (isto dío dándolle un sopapo ao máis pequeno que acaba de tirarse pola escaleira). Aínda me queda un pouco de calacú, ou cabaza (de cultivo ecolóxico, por suposto), para facer un purés moi riquismo.